Celebración do Día da Paz 2015.

O pasado venres, día 30 de xaneiro do 2015, todos os alumnos e alumnas do noso Centro, dende Educación Infantil ata 3º ciclo de Educación Primaria, celebramos o “Día Mundial da Paz e non Violencia”; como acto central realizamos unha gravación onde participamos todos e todas, amosando o tipo de sociedade na que nos gustaría vivir. Ademais desta actividade tamén realizamos outras relacionadas coa festividade dentro dos ciclos.

Foi moi divertido!!!!