Celebración do Centenario das Escolas de Emigrantes.
O 5 de novembro do 1916 eran inaguradas as escolas Concepción Arenal e Curros Enríquez, que foran fundadas dende A Habana (Cuba) pola “Sociedade de Instrucción Naturales del Auntamiento de Fene”; e por iso, despois de 100 anos da súa fundación, o Concello de Fene celebra o seu centenario organizando unha exposición que comeza o 23 de Novembro ata o 16 de Decembro: “Centenario das Escolas de Emigrantes 1916-2016”.
Ademáis desta exposición, o Concello convidou aos centros educativos do concello a recrear estas escolas, tan importantes no seu día para o futuro das xeracións do noso Concello. E por todo iso, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria recreamos durante o día de hoxe “a vida nunha escola das de antes”; podendo coñecer como era a vida escolar durante aqueles anos.
Deixámosvos cunhas imaxes da xornada, esperamos que disfrutedes con elas, tanto como o fixemos nós.