Celebración 8M 2026

Este pasado venres celebramos no centro o 8M 2026, unha iniciativa educativa orientada a promover a igualdade de xénero e a visibilizar o papel das mulleres na sociedade. Ao longo da xornada desenvolvéronse diferentes actividades adaptadas a todos os niveis educativos: desde contacontos para o alumnado máis pequeno ata propostas creativas como a elaboración de caligramas ou a realización de programas de radio.
Durante estas actividades, o alumnado tivo a oportunidade de reflexionar sobre cuestións como os dereitos históricos das mulleres, o xogo libre de estereotipos ou a importancia das figuras femininas na contorna familiar.
Como peche da programación, o venres 6 de marzo celebrarase un acto conxunto no patio do centro que incluirá a lectura dun manifesto, música e unha coreografía simbólica. Con esta iniciativa, baixo o lema “Construímos igualdade”, preténdese implicar a toda a comunidade educativa nun proceso compartido de reflexión e sensibilización.
Pola súa parte, o alumnado de ESO estivo traballando ao longo das últimas semanas en distintas materias —como Música, FOL ou Proxecto Competencial— na realización de traballos de investigación, na elaboración de materiais didácticos e na creación de caligramas arredor do tema “As mulleres na arte”.
Aquí tendes unha pequena mostra dos traballos realizados:
- Imaxes dos traballos elaborados en E. Secundaria
- Video sobre Pinar Toprak:



