O “Bookcrossing” chega ao Jorge Juan.

Co motivo da celebración do Día de Rosalía, dende o concello de Fene liberan libros en “bookcrossing”,  que a partir desta semana poderedes atopar no noso cole.

A idea é “liberar” libros para que sexan atopados por outras persoas, convertendo o mundo enteiro nunha biblioteca, neste caso o noso colexio.

Queremos promover esta iniciativa liberando tamén algúns libros da nosa biblioteca, que poderes atopar nos lugares máis inesperados do noso centro.

O lector poderá seguir a viaxe do libro e ler as opinión da xente que o vaia lendo, sempre que as persoas que o atopen continúen facendo Bookcrossing.

Animaros a participar na aventura destes libros viaxeiros, contade as vosas experiencias, opinións, críticas,…e facede que os libros viaxen dentro do noso cole.

http://www.bookcrossing.com/