BiblioTortu na Rede

A nosa BiblioTortu xa ten o seu espazo na rede, podedes atoparnos en https://bibliotortu.blogspot.com/

Este é o noso blogue.

Neste espazo poderedes estar informados das actividades e propostas que facemos dende BiblioTortu, deixar os vosos comentarios e aportar ideas para a nosa biblioteca.

A última actividade publicada foi sobre o Maratón de Lectura realizado pola celebración do 8M.

Pero non deixedes de visitalo e ver as novas e as noticias anteriores, porque aínda que levamos pouco tempo, tentamos actualizar o blogue coas actividades e novidades da nosa BiblioTortu.