Premer nesta ligazón.
Desde a aula de Educación Infantil da mestra Adriana Pita propoñémosvos este proxecto de aula no que nais e pais axudan a fillos e fillas a elaborar sinxelas receitas de cociña. Pasade unha divertida tarde cociñando en familia e gravándovos en vídeo. El@s son os chefs! Non perdades este exemplo de David preparando unha macedonia.
Na edición deste domingo de La Voz de Galicia fanse eco do noso proxecto “Plástico 0%”. O mestre Emilio Vilariño explica o desenvolvemento do proxecto e a importancia de que nos concienciemos e comprometamos con este reto medioambiental. Artigo de La Voz
Susa Herrera estreou a súa última obra En Cabárceno rugidos y canciones para o alumnado de Educación Primaria. A “creadora de cancións” Susa Herrera volveu polo centro para presentar o seu último libro musical. Novos animais e novas cancións que enganchan a pequenos e maiores tanto polas melodías como polas divertidas letras que foron presentadas pola autora para os tres ciclos de Educación Primaria. O público […]
Hoxe comezamos o proxecto “Plástico 0″ valorando o problema do exceso deste material no centro. Durante unha semana encheremos a rede que hai no patio con residuos plásticos para tratar de analizar a realidade deste problema no colexio. Unha vez analizada e valorada a situación trataremos de atopar algunha resposta concreta para cambiala.
A vindeira semana poñemos en marcha o Proxecto de Centro “Plástico 0%”, un enorme reto que pretende a eliminación total no colexio do uso de plásticos procedentes das nosas merendas. E para comezar as actividades propoñemos a “Mostra de Curtametraxes Plástico 0%” coa que tentaremos concienciarnos da problemática medio ambiental que producen os plásticos e identificar no noso colexio este grave problema. Bibliotortu
Este venres 20 de setembro fixemos a entrega dos diplomas KET de Cambridge aos nosos alumnos da ESO. Estamos moi orgullosos do seu esforzo e traballo. Noraboa!
Premer nesta ligazón