Dende agora podes atopar no noso colexio unha gran variedade de mochilas e estoxos de alta calidade, perfectos para acompañar os teus estudos. Temos opcións funcionais e elegantes, deseñadas especialmente para cubrir as necesidades dos estudantes. Explora a nosa colección e atoparás o complemento perfecto para organizar os teus materiais escolares con estilo e comodidade. Mochilas Estoxos
Na Jorge Juan celebramos o Día das Letras Galegas en honra á nosa lingua e cultura, ao tratarse o 17 de maio dun día non lectivo, pasamos os actos de celebración ao día 19. Neste día, realizamos actividades para destacar a literatura galega e lembrar a figura de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado este ano. Decoramos o patio con alfombras florais que simbolizan o noso […]
No obradoiro de Videoxogos realizado durante as tardes dos mércores deste curso, o alumnado traballou na creación dun videoxogo que abrangía a Celebración do Día das Letras Galegas e o autor homenaxeado. Ademais de aprender máis sobre este tema, tamén se divertiron resolvendo as misións dos protagonistas nesta emocionante aventura. Resumo: Nun día normal na aula de Lingua Galega, algo raro acontece: A LINGUA GALEGA […]
Hoxe, 15 de maio, celébrase o Día da Familia, unha data especial na que se honra e se recoñece o valor deste núcleo fundamental nas nosas vidas. Nesta ocasión, o alumnado máis novo quixo facer algo especial para sorprender ás súas familias e demostrarlles canto as queren. Con moito entusiasmo e creatividade, usando materiais simples os nenos e nenas elaboraron un agasallo moi especial para […]
Dende o ANPA do Colexio Jorge Juan Perlío dirixímonos a vós para lembrarvos que o próximo 23 de maio de 2023 terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria. Nesta importante reunión trataranse diversos temas de interese para a comunidade educativa, polo que a vosa presenza é fundamental para o bo funcionamento do centro. Ademais, animámosvos a que aqueles que estean interesados en formar parte da directiva […]
Con motivo da celebración do Día do Libro dende a biblioteca organizáronse moitas actividades relacionadas coa lectura e os libros. Deixámosvos a ligazón ao blog da biblioteca para que poidades coñecer como se foron desenvolvendo. Artigo no blog da biblioteca sobre o Día do Libro Tamén deixamos os simpáticos vídeos coas recomendacións de lectura do noso alumnado. Vídeo coas recomendacións lectora
Vídeo explicativo da colaboración entre o colexio e Save the Children. Elaboración e venda de marcapáxinas solidarios polo almnado de primeiro, terceriro e quinto de primaria.