Charla sobre Tratamento de Resíduos.

Onte, xoves 17 de novembro, os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria recibiron a visita do GRUPO SOIL. Unha empresa que se adica principalmente a xestión e tratamento de resíduos, ofrecéronnos unha charla formativa, educativa e participativa na que os nenos poideron reafirmar os seus coñecementos e contestar,  á vez que facer, todo tipo de preguntas. No cole, dámollse moita […]

Ler máis

Día dos Dereitos dos Nenos.

O día 20 de novembro, foi elexido, en todo o mundo como o Día dos Dereitos dos Nenos, polo que os alumnos e alumnas de 5 anos de Educación Infantil, quixeron celebrar cos seus compañeiros e compañeiras de Educación Primaria esta data tan importante. Por parellas recitaron cada un dos seus dereitos e mostraron debuxos representativos feitos por eles. Galería de Imaxes.

Ler máis

Datas Examen 1ª Avaliación Educación Secundaria.

No seguinte enlace tedes a datas dos exames da 1ª Avaliación para os rapaces e rapazas de Educación Secundaria. Para ver premer  aquí.

Ler máis

Visita ao Teatro Colón.

Hoxe, xoves 10 de novembro, os alumnos e alumnas de primeiro e segundo de Educación Primaria, visitaron o teatro Colón na Coruña, para poder disfrutar do musical “Las cuatro estaciones” de Vivaldi, no que poideron escoitar a música de cada estación acompañada dunha representación teatral con danza. Máis música maestro!!!!

Ler máis

Exposición Luis Davila.

O pasado, xoves 3 de novembro, e o hoxe, venres 4 de novembro, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria nos achegamos ata o Museo do Humor de Fene para visitar e coñecer a Exposición de Luis Davila. Alí, ademais de coñecer parte da obra do debuxante podemos realizar un pequeno taller de viñetas. Desfrutamos ao máximo da visita e das […]

Ler máis

E veña zumba.

O pasado luns, 24 de outubro, os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria, realizaron outra actividade máis relacionado co Proxecto de Hábitos Saudables, no que se atopa traballando o colexio dende hai uns cursos. Nesta ocasión, os nosos alumnos e alumnas desfrutaron dunha clase de Zumba, onde ao longo de 50 minutos; Carla, a mestra de zumba, fixo disfrutar e suar […]

Ler máis

Contacontos na Biblioteca.

Este mes de outubro na biblioteca do noso colexio comezaron as lecturas entre ciclos. Neste mes, pasaron pola biblioteca os alumnos e alumnas de Educación Infantil para escoitar o conto “Patito busca a su mamá”. Para esta actividade os alumnos e alumnas de Educación Primaria (3º, 4º, 5º e 6º) convertéronse en contacontos por un día, e con toda a súa ilusión, esforzo e alegría […]

Ler máis

Samaín e Magosto 2016.

O pasado venres, día 28 de outubro, no noso colexio celebramos o tradicional Magosto e Samaín. Todos os nenos e nenas do colexio, dende a Escola Infantil ata os rapaces e rapazas de Educación Secundaria, disfrutamos dun día de celebración. Cada curso, ao longo desta xornada realizamos distintas actividades, ademaís de poder degustar as castañas asadas. Foi unha mañá moi entretida. Galeria de Imaxes.

Ler máis

Camiñata ata Coto do Rei.

O pasado xoves, 27 de outubro, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria saímos de camiñata. O noso paseo foi ata o Coto do Rei en Marraxón, onde poidemos desfrutar dunha merenda coas fermosas vistas da Ría de Ferrol e o seus arredores.  Nos bancos máis duros recuperamos forzas despois da subida para logo  dirixirnos ao parque de Sillobre onde disfrutamos […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad