Visita a Escola Politécnica Superior.

Na mañá de onte, 11 de abril, os rapaces e rapazas de 4º de Educación Secundaria achegáronse ata Ferrol para conecer as posibilidades formativas que ofrece a Escola Politécnica Superior, así como tamén as súas modernas instalacións. Os alumnos e alumnas visitaron: a canle de ensaios, o subamarino para probas, o taller de fluidos co tunel do vento, o taller de laser, entre outras. Galería […]

Ler máis

Listado Alumnos/as Admitidos Curso 2018-2019.

Dende o Colexio Jorge Juan de Perlio informamos ás familias dos alumnos e alumnas admitidos no proceso de matrícula para o curso escolar 2018-2019. Podedes ver o listado no seguinte enlace. Para máis información ou dúbidas  podedes poñervos en contacto connosco a través do correo electrónico cpr.jorge.juan@edu.xunta.es ou vía telefónica no 981340109.

Ler máis

Viaxe a Mérida II.

Derradeiro día de visita a Mérida. O tempo acompañou e poidemos visitar o abraiante Museo de Arte Romano e desfrutar do centro da cidade. Mañá toca bús; a ver si vos levamos un pouco deste clima estupendo. Galería de Imaxes.

Ler máis

Viaxe a Mérida.

Os viaxeiros e viaxeiras de 3º da ESO tivemos sorte co tempo. Catro pingas de auga non foron capaces de espantarnos e  desfrutamos do Recinto Arqueolóxico de Mérida. Mañá iremos ao Museo de Arte Romano e remataremos a visita a esta fermosa cidade. Galería de Imaxes.

Ler máis

Xornada de Atletismo Divertido.

O pasado venres, día 23 de marzo, os nenos e nenas de Educación Primaria, achegáronse ata o Pavillón da Xunqueira para participar na Xornada de Atletismo Divertido organizada polo Concello de Fene. Nesta xornada os nosos nenos e nenas poideron amosar as súas capacidades nas distintas modalidades organizadas. Galería de Imaxes.

Ler máis

Cinensino.

Onte, día 22 de marzo do 2018, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria, tiveron a xornada de Cinensino correspondente ao 2º Trimestre. Nesta ocasión e como coincidia co Día da Auga, a película que poidemos ver estaba relacionada co coidado e respecto ao medio ambiente, “Hermanos del Viento”. Gozamos das fermosas paisaxes que se podían ver nesta entretida película. Galería […]

Ler máis

4º Educación Primaria de visita en A Coruña.

Este luns, 19 de marzo, os rapaces e rapazas de 4° de E.Primaria, fixeron unha saída lúdica/educativa á Domus e á torre de Hércules,onde a parte de disfrutar das instalacións, aprenderon moitas curiosidades da evolución do home,os sentidos ,a anatomía humana…, veron un documental en 3D, e remataron a excursión coa visita ó faro romano da Torre de Hércules. Galería de Imaxes.

Ler máis

Celebración do Día da Árbore e Día da Auga.

O día 21 de marzo conmemórase o Día Forestal Mundial e o día 22 de marzo, por decisión da ONU en 1993, conmemórase o Día Mundial da Auga, que neste ano 2018 refírese a calidade da auga, necesaria para a conservación de ecosistemas sans e para o benestar humano. Para conmemorar, de xeito transversal e interrelacionado estas dúas efeméride dende o Concello de Fene propúxonos para os […]

Ler máis

Listado de admitidos/as na Escola Infantil para o Curso 2018-2019.

Xa tedes a vosa disposición no taboleiro da secretaria do centro o listado de alumnos/as admitidos/as na Escola Infantil para o curso escolar 2018-2019. Agora abrimos o prazo de formalización de matrícula co pago da reserva de praza, este prazo remata o 28 de marzo. Podedes achegarvos pola secretaría para comprobar si estades admitidos/as ou chamar ao teléfono 981340109 para consultalo.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad