Festexamos o último día de clase traendo produtos típicos destas datas para desfrutalos na merenda. Ao longo da mañá fixemos diferentes grupos de traballo para desenvolver as competencias STEM e diferenteshabilidades de carácter artístico. Galería
Festexamos o último día de clase traendo produtos típicos destas datas para desfrutalos na merenda. Ao longo da mañá fixemos diferentes grupos de traballo para desenvolver as competencias STEM e diferenteshabilidades de carácter artístico. Galería
3° de primaria visitamos a Residencia de Maiores Resanes. Alí participamos xunto cos residentes na primeira Ximcana Interxeneracional con distintas probas de habilidade. Tamén poidemos ver como era o funcionamento dalgúns mecanismos que se utilizan no coidado dos maiores. Xunto a eles desfrutamos cantando cancións que levábamos preparadas e eles nos cantaron panxoliñas. Galería
Hoxe tivemos a visita das voluntarias da protectora de animais da Asociación Cometa que explicaron a labor desinteresada que realizan cos cans e gatos abandonados. Coñecimos a Dua, unha cadela moi boa e cariñosa que pasou pola protectora e agora vive feliz nun fogar de adopción. Grazas a asociacion cometa por presentarnos o seu traballo. Galería
Se leiches a descrición da portada, tivemos a sorte de poder visitar este lugar privilexiado tan preto do noso cole y que este mes de novembro, nada máis e nada menos que a popular revista National Geographic elexiuno como o lugar onde luce a Galicia máis otoñal, onde se atopan os refuxos das aves, bosques frondosos e os seres máxicos. Galería 4° Galería 3°
Dentro do noso Proxecto de Voz Natura contamos tamén coa charla de concienciación sobre o coidado medioambiental, impartida pola garda civil. Galería
Dentro das nosas actividades no Proxecto de Voz Natura, está a visita da bióloga e apicultora Eva Pico, para achegarnos ao coñecemento das belutinas. Galería
Festexamos o Magosto o Venres 20 de octubro, comendo como non castañas asadas do castaño que temos no colexio. Para levar a as castañas á casa elaboramos unhas caixiñas reciclando bricks. Olla a nosa galería. Galería
Visitamos o campamento de actividades de aventura en Viveiro, enclavado no Monte de San Roque. Alí participamos nos circuitos distribuídos ao longo dun frondoso pinar, no que se combinaban diferentes xogos e tirolinas. Galería
O alumnado de 3° de primaria realizamos unha ruta pola contorna. Ademais de observar a natureza próxima, coñecimos unha parte do camiño de Santiago que pasa por Fene. Aproveitamos tamén a saída, para concienciar ao alumnado sobre o coidado do medio ambiente, recollendo o lixo que atopamos nesta ruta. Galería