Anxo Carracedo e o ADN.
Hai uns días, visitounos Anxo Carracedo, catedrático de Medicina Forense da Universidade de Santiago e un dos máis importantes investigadores a nivel mundial no campo da Xenética.
Anxo falounos do seu traballo, da importancia da Xenética no campo forense (identificación de cadáveres, probas de paternidade, resolución de crímes, etc) e no ámbito da saúde (estudios de cancros, diversos tipos de autismos, deseños de probas de diagnóstico,etc) e ,por suposto do ADN, o material xenético que temos todos os seres vivos e que regula e determina o funcionamento de cada unha das nosas células.
Unha das cousas que mais chamou a atención dos alumnos foi cando explicou unha maneira “caseira”de obter o ADN de poder extraelo de calquera organismo. Iso foi o que fixemos os alumnos de Bioloxía de secundaria.
O procedemento que seguimos foi o seguinte:
1.- Trituramos diversas sustancias como fresas, plátano, etc. Mesturamos con auga e batemos na batedora durante 30 segundos e colamos a mestura.
2.- Para axudar a romper as membranas das células e do núcleo (onde está o ADN) engadimos deterxente (1/6 do volume total da mestura), mestúrase lentamente e deixamos reposar 10 minutos.
3.- O seguinte paso é separar o ADN, que xa o temos fora do núcleo, das proteínas que o envolven (as histonas) e, para iso, usamos zume de piña que contén papaína, unha sustancia que rompe as proteínas deixando o ADN solto.
Repartimos a mostra en tubos de ensaio e engadimos uns mililitros de zume de piña a cada tubo e mesturamos.
4.- O último paso e rellenar os tubos de ensaio con alcohol de 96º xa que o ADN disólvese nel aparecendo como peliños algodonosos.
Conseguimos unha extracción do material xenético.
O máis importante foi o interese e o grado de implicación dos rapaces na realización da actividade.