Anímate e Participa.

 Ola amigos e amigas:

O meu nome é CPR.JJP78, aínda que me podes chamar C. Como xa saberás, este curso estamos a desenvolver no colexio un Proxecto Científico co fin de achegar aos pequenos, e non tan pequenos, ao mundo das ciencias dun xeito práctico e significativo. Pero, a nosa intención no só é que os rapaces coñezan máis polo miúdo o fascinante mundo da Bioloxía, da Astronomía ou da Física; tamén desexamos facerte a ti, o seu pai ou nai e á demáis familia, patícipe dos proxectos que se organicen, e que, xunto cos teus fillos e fillas, participes de pequenas actividades, exercicios, creacións ou exposicións relacionadas con este tema.

Neste blog “Anímate e Participa” poderás ir vendo aqueles retos que se programan e aos que terás acceso cada mes a través dos Códigos QR que aparecerán nas paredes do colexio. Só tes que achegar o teu móbil e ler as instrucións; nin máis, nin menos. Dende a barra lateral dereita (ligazóns) tamén podedes acceder ao blog.