Acodimos á piscina municipal

Durante este trimestre, do 10 de xaneiro ao 30 de marzo, os cursos de 2º, 3º, 4º e 5º de Educación Primaria participamos, un ano máis, no programa de natación escolar organizado, promovido e subvencionado polo Excmo. Concello de Fene.

Esta actividade complementaria pertence á área de Educación Física e é unha inmellorable posibilidade de iniciar ou mellorar ás aptitudes e competencias dos nosos nenos e nenas no medio acuático.

Os horarios nos que participarán os alumnos e alumnas destes cursos son:

2º de E.P. – Xoves de 12:00 a 12:45 (saída do cole ás 11:40 e chegada en torno ás 13:05)

3º de E.P. – Martes de 11:15 a 12:00 (saída do cole ás 10:50 e chegada en torno ás 12:20)

4º de E.P. – Mércores de 12:00 a 12:45 (saída do cole ás 11:40 e chegada en torno ás 13:05)

5º de E.P. – Venres de 11:15 a 12:00 (saída do cole ás 10:50 e chegada en torno ás 12:20)

A partir do 31 de marzo e ata o mes de xuño será o turno dos nosos “compis” de 1º e 6º de E.P.

Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación un ano máis!