Aberto o Prazo de Matrícula para o Curso Escolar 2014-15.

 Comunicamos que o día 1 de Marzo de 2014 abrirase o prazo de matrícula para o curso 2014-2015 para todos os niveis educativos que dispón o noso Centro (dende Gardería ata Educación Secundaria Obrigatoria); dito prazo rematará o día 20 do mes de marzo.

Tamén informamos que para todas aquelas familias que desexen máis información ou resolver dúbidas sobre infraestructuras, proxecto educativo, horarios, actividades, metodoloxía, servizos,…  en resumo, coñecer un pouco máis o noso Colexio; teremos unha xornada de portas abertas o  venres día 14 de marzo na Biblioteca do Centro ás 18:00 h.

Adxuntamos información  que regula a admisión do alumnado: Orde  e  Calendario.