A Ilusión do Mago Benxamín.

Onte, luns 14 de decembro, tivemos a sorte de que se achegara ao noso Colexio o Mago Benxamín. Este mago realizou dous pases onde nos amosou a súa habilidade e nos achegou de preto ao mundo da maxía e ilusionismo. Os nenos e nenas de Educación Primaria e e os rapazes e rapazas de Educación Secundaria participaron en algúns dos trucos de maxía que realizou Benxamín.

Foi unha actividade que trouxo o ANPA de Colexio para o disfrute dos nosos rapaces e rapazas. Moitas grazas.