Atletismo Divertido 2026

Entre os días 25 e 26 de marzo, o alumnado de Educación Primaria do Colexio Jorge Juan de Perlío participou nunha nova edición das Xornadas de Atletismo Divertido, organizadas polo Concello de Fene.
A actividade desenvolveuse no Polideportivo da Xunqueira, onde o día 25 acudiron os cursos de 1º, 2º e 3º, e o día 26 participou o alumnado de 4º, 5º e 6º. Durante ambas xornadas, o alumnado puido gozar dun circuíto de probas adaptadas, baseadas nas distintas disciplinas do atletismo, nun ambiente lúdico e participativo.
O noso alumnado amosou unha gran implicación e entusiasmo, compartindo unha experiencia moi enriquecedora con outros centros educativos do concello.
Desde o centro queremos agradecer ao Concello a organización desta actividade, que contribúe a fomentar hábitos saudables e valores como o compañeirismo, o respecto e o esforzo.



