Visita de xogadores do Racing de Ferrol ao Colexio Jorge Juan de Perlío

O pasado luns, 24 de febreiro, recibimos no colexio aos xogadores do Racing de Ferrol David Castro, Heber e Insua. Toda a comunidade escolar, desde primaria ata secundaria, tivo a oportunidade de darlles a benvida. A chegada dos xogadores foi acompañada de cánticos alusivos ao equipo e á nosa comarca Ferrolterra, creando un ambiente de emoción e identificación co equipo.
Durante a súa visita, os estudantes puideron facerlles preguntas aos xogadores e recibir autógrafos en camisetas, bufandas e fotos, unha oportunidade moi valorada por todos. A súa presenza reforza a importancia do Racing de Ferrol como un referente deportivo na nosa comarca, tanto no ámbito profesional como no fomento do deporte entre os máis pequenos.
Queremos agradecer aos xogadores, ao equipo e á directiva do Racing de Ferrol pola súa implicación e a consideración de visitarnos. A súa visita foi unha excelente oportunidade para os nosos estudantes e para a nosa comunidade escolar.
Houbo momentos de grande emoción, que mellor que con palabras, podese entender con imaxes. Visitade á conta de Instagram do colexio!