Entrevista en Radio Fene sobre as xornadas de portas abertas

Entrevista en Radio Fene sobre as xornadas de portas abertas

Os colexios abren a súa preinscrición do 1 ao 20 de marzo. Como é habitual por estas datas, o colexio Jorge Juan de Perlío organiza as súas xornadas de portas abertas. A directora, Ascen Bravo, estivo recentemente en Radio Fene para falar sobre o centro. Este ano, o proxecto de centro céntrase nos hábitos de vida saudables, un tema que se traballa en todas as etapas educativas, desde a educación infantil ata a ESO, e en todas as materias.

O colexio Jorge Juan de Perlío somo un centro plurilingüe, cunha ampla oferta de actividades na súa biblioteca, servizo de orientación e unha variada programación de actividades extraescolares. Ademais, dispoñemos de servizos de madrugadores, comedor e almorzo.

As xornadas de portas abertas están previstas para os venres 21 de febreiro e 7 de marzo. Recoméndase anotarse chamando ao teléfono do colexio: 981 34 01 09.

Podedes escoitar a entrevista completa na seguinte ligazón ao programa de radio