Os ruxidos de Cabárceno escoitáronse na Jorge
Susa Herrera estreou a súa última obra En Cabárceno rugidos y canciones para o alumnado de Educación Primaria.

A “creadora de cancións” Susa Herrera volveu polo centro para presentar o seu último libro musical. Novos animais e novas cancións que enganchan a pequenos e maiores tanto polas melodías como polas divertidas letras que foron presentadas pola autora para os tres ciclos de Educación Primaria.
O público entregouse aos bailes e retrousos que Susa ensina desde o escenario para que a acompañen durante a actuación.
As cativas e cativos de Educación Infantil tamén tiveron o seu concerto, pero cun repertorio escollido entre obras anteriores da artista.
