Modelo Educativo
O colexio Jorge Juan forma persoas, individuos altamente preparados para desenvolver a súa vida no mundo actual. Rapazas e rapaces con coñecementos, con capacidades, con experiencias e con vivencias reais na sociedade.
O noso proxecto educativo é integral, isto é, atende aos contidos específicos de cada unha das áreas de coñecemento así como os aspectos básicos e fundamentais da convivencia social: democracia, tolerancia, respecto, solidariedade, diálogo, axuda, empatía, compañeirismo, coeducación e pluralidade.
Todo o proceso de ensinanza-aprendixaze artículase a través de diferentes ferramentas e recursos metodolóxicos adaptados á realidade da aula e do neno e da nena, cunha importante presenza das TICs, sen esquecer os propios recursos do centro e do contorno. O carácter dos contidos é sempre multidisciplinar e a aprendizaxe baséase na investigación e a experimentación, partindo dos coñecementos previos de cada rapaza e rapaz. Búscase a crítica, a reflexión e a construción de pensamentos propios.
A relación directa e telemática coas familias é básica, fundamental e constante. O binomio escola-familia resulta indivisible para a correcta xestión da aprendizaxe, da formación e da xestión de emocións. Acompañamos no so ao alumno ou a alumna no seu longo percorrido educactivo, senon á familia que é sostén e apoio. En múltiples ocasións ao longo do curso o centro abre as portas para compartir festas e actividades especiais con elas (Magosto, Nadal, Entroido, Día da Muller, Día do Libro, Día das Letras Galegas, entrega de orlas na ESO e en Infantil…)
O colexio favorece á conciliación laboral en todos os niveis, en especial na etapa de Infantil, onde as mestras cambian de roupa as nenas e nenos que o precisen. Ademáis, ofrécense diferentes datas e amplo horario de titorías persoais.
Alumnas e alumnos con N.E.E. e N.E.A.E. atopan no centro os recursos e metodoloxías alternativas adecuadas para a súa total integración. Contamos con equipo de orientación propio desde o que realizamos as adaptacións curriculares ou medidas de apoio pertinentes en cada caso e o centro estase a convertir nun centro de referencia para atención aos alumnos e alumnas con N.E.E. e N.E.A.E. dentro da nosa bisbarra
CAMBRIDGE ENGLISH LANGUAGE ASSESSMENT
O centro é membro colaborador, abrindo as súas portas a realización anual deste prestixioso exame.
PLAMBE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES
Plan galego de renovación integral ao que o centro está adscrito e que permite unha biblioteca viva, activa, aberta ás familias e xeradora continua de contido e convivencia interciclos.
RADIO ESCOLAR
Medio de comunicación e expresión con entrevistas, charlas e coloquios semanais que abren un espazo alternativo de desenrolo para o alumnado.
LINGUA GALEGA
O galego é a lingua vehicular de boa parte do alumnado do centro, polo que favorécese a comunicación nela cunha porcentaxe de asignaturas impartidas na mesma e cun equipo de Normalización Lingüistica que ofrece actividades constantes que promoven non so o uso do idioma da nosa comunidade, senon a transmisión de tradicións e costumes.
LINGUA INGLESA
O centro é consciente da necesidade dunha aprendizaxe en lingua inglesa a nivel escrito e oral que permita ás alumnas e aos alumnos o seu dominio para desenrolar no futuro experiencias laborais e vitais nun mundo global. É por isto que conta con dous nativos de fala inglesa que imparten clase en horario lectivo desde 4º EP ata 4º ESO.
Ademáis, o colexio é centro Plurilingüe da Consellería de Educación, polo que unha porcentaxe das materias de Primaria e ESO impártense en inglés.
VOLUNTARIADO
Programa dependente da Consellería de Xuventude, Participación e Voluntariado no que departamento de orientación realiza accións de corte solidario como interaccións con centros de maiores ou accións con persoas en exclusión social.
PROXECTO CORRESPONDENTES
Grupo de traballo formado por alumnado da ESO que recopila e difunde información para a xuventude: convocatorias, concursos, carnets, programas xuvenís…
PLAN FOGGA
Programa escolar do Fondo Galego de Garantía Agraria que promove o consumo de froita e leite entre a poboación infantil e xuvenil.
CARDIOESCOLAS
Proxecto con actividades para concienciar á comunidade educativa da necesidade da adquisición dunha correcta saúde integral (actividade física, alimentación e hixiene). Inclúe saídas, charlas, escola para familias…