Entroido no Colexio Jorge Juan de Perlío

O pasado 6 de marzo, o Colexio Jorge Juan de Perlío deu por rematadas as celebracións do entroido cunha xornada chea de diversión. O alumnado participou na festa vistiéndose cos seus disfraces máis creativos.
A mañá comezou coa chegada ao colexio xa disfrazados, cotinuou cunha rica chocolatada, antes de pasar ao concurso de disfraces e a tradicional queima do Meco, que, como cada ano, trouxo consigo os seus peculiares mandatos. Unha xornada de tradición e alegría para rematar as festas do entroido no colexio.