3º Ciclo E.P. de Sendeirismo polo Concello.

Os nenos e nenas de 3º ciclo de Educación Primaria, o día 27 de outubro, realizamos unha marcha de Sendeirismo polo noso Concello. Saímos cedo do colexio para recorrer distintos lugares do noso contorno, o obxectivo final era chegar ata Coto do Rei en Marraxón, onde poidemos disfrutar das fermosas vistas e tamén do nosa merenda recuperadora. De volta ao colexio coñecimos máis lugares e poidemos observar como o outono fai sinal na natureza; ademais disfrutamos dun día estupendo. Foron preto de 12 kms que nos fixeron disfrutar do día.