3º Ciclo de Educación Primaria en Santiago.

O pasado xoves, día 18 de decembro do 2014, os alumnos e alumnas de 3º ciclo de Educación Primaria, nos diriximos a cidade de Santiago de Compostela para visitar dita cidade, as súas rúas, prazas e parques;  e como non, a Catedral; onde visitamos as cubertas e coñemos o seu Museo.

Foi un día de sorte porque na visita coincidimos con equipo de baloncesto do Rio Natura Obradoiro que ao igual que nós visitaba a Catedral, poidemos facernos unha foto xunto a eles e desfrutar do sonado botafumeiro.

Foi un día moi divertio e interesante, estivo moi ben para finalizar o trimestre e encarar as vacacións de Nadal.

Galería de Imaxes.