Oferta educativa

Todo centro educativo debe aspirar a ser no seu compromiso de desenvolvemento social, un referente contextualizado de estimulación de aprendizaxes. Aspecto integrador, que na súa globalidade toma forma nos diferentes planos da dimensión do ensino.  Deste xeito concretamos a modo de obxectivos algúns dos máis destacables:

 A)    Obxectivos para o desenvolvemento das competencias sociais e persoais do alumnado.

-Formación personalizada que propicie unha educación integral en coñecementos, destrezas e valores morais do alumnado en todos os ámbitos da vida.

-Educar para a prevención dos conflitos e a resolución pacífica dos mesmos, así como para a non violencia en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social.

-Potenciar o respecto polo entorno e a conservación do ambiente, fomentando actitudes ecolóxicas en todos os sentidos.

-Desenvolver hábitos autónomos de coidado e saúde persoal, así como gusto pola actividade física.

-Capacitar aos alumnos/as para participar activa e responsablemente na creación e xestión da súa propia saúde.

-Reforzar a autonomía e a autoestima como bases para construír un proxecto de vida saudable.

-A formación no respecto polos dereitos e liberdades fundamentais e no exercicio da tolerancia e a liberdade.

-Desenvolver hábitos intelectuais e técnicas de traballo, así como de coñecementos científicos, técnicos, humanísticos, históricos e estéticos.

-Formar no respecto pola pluralidade lingüística e cultural, así como para a paz, a cooperación e a solidariedade entre os pobos.

-Ensinar a aceptar, respectar e valorar as características e calidades doutras persoas sen deixarse influír por ningún tipo de actitude discriminatoria en relación con calquera característica diferenciadora.

B)    Obxectivos para o desenvolvemento pedagóxico-curricular en relación ao currículo de referencia:

-Favorecer a interdisciplinariedade didáctica entre as diferentes áreas, fundamentalmente na asunción de competencias básicas.

-Organizar a atención psicopedagóxica e a orientación educativa e profesional, tendo como principio a atención á diversidade e a adecuación das actividades e do ensino ás características do alumnado.

-Avaliar obxectivamente o alumnado facendo incidencia nos aspectos positivos e axudándolles a superar as dificultades que poidan presentar ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe.

-Conseguir o pleno desenvolvementos dos alumno/as fomentando neles a capacidade de observación e crítica.

-Autonomía pedagóxica dentro dos límites establecidos pola lei.

-A metodoloxía activa que asegure a participación do alumnado nos procesos de ensino e aprendizaxe.

-A avaliación dos procesos de ensino e aprendizaxe.

-Coordinar as nosas actuacións coa Consellería de Educación e cos estamentos externos que se consideren pertinentes en cada momento (servizos sociais, centro de formación do profesorado, servizos sanitarios, etc …).

-Conseguir un funcionamento efectivo e coordinado das diferentes comisións de traballo (nas diferentes comisións internas e especialmente na CCP).

-Desenvolvemento e actualización  do Plan TIC e Plan Lector.

-Desenvolvemento anual dun Proxecto Global de Centro para a estimulación do interese do alumnado por algunha realidade determinado polo Claustro.

-Formar para acadar unha boa capacitación profesional.

C)    Obxectivos para a colaboración coas familias e outros Axentes Sociais:

-Dinamizar a relación co contorno social, económico e cultural próximo.

-Fomentar a participación e colaboración dos pais/nais para contribuír a unha mellor consecución dos obxectivos educativos.

-Informar ás familias dunha forma continuada sobre o proceso educativo dos seus fillos/as e implicalos no mesmo.

-Colaboración estreita coa Asociación de Pais e Nais de Alumnos/as.

 D)  Obxectivos derivados dos Proxectos de centro:

Os Proxectos Globais de centro son o principal eixo vertebrador do traballo interdisciplinar. Un nexo de cohesión educativa para o centro e as familias ao marxe da etapa ou nivel que curse o noso alumnado. Deste xeito , cada ano, abordamos una temática de sensibilidade pedagóxica, para afondar nela a través dun proxecto que será desenvolto nos diferentes trimestres do curso. Asentados estes, no recurso educativo da Metodoloxía de Proxectos,   trátase de estimular os alumnos cara a propia construción de mecanismos autónomos de aprendizaxe e de motivar na comprensión e interpretación crítica de distintas realidades do noso contorno.

D)    Obxectivos derivados  do Proxecto Abalar:

Coa incorporación do centro ao proxecto da rede de centros ABALAR, pretendemos que o alumnado se forme a través das novas tecnoloxías, presente inmediato na nosa realidade social e laboral e imprescindible xa, na formación dos vosos fillos. Cada nen@ co seu portátil poderá ir  desenvolvendo distintas dinámicas educativas que,   titorizadas dende o centro conleven responsabilidades compartidas as vosas casas.

E)    Obxectivos para a sensibilización co medio ambiente e o noso contorno. A aula da natureza:

Dende aquí pretendemos achegar aos nenos e nenas a rutinas estables de observación, de coidado do entorno natural e de experimentación en espazos abertos. E a través  daqueles produtos que nos ofrece a natureza;  desenvolver e aproveitar un novo espazo educativo. O alumnado se implica no desenvolvemento de diferentes tarefas, como a  construción dunha caseta-observatorio de madeira, a participación e colaboración no coidado do horto escolar, os estudos de análise desprendidos da estación metereolóxica ou o sementando e plantando tanto de hortalizas como flores.

F)     Dentro dos recursos previstos para o esencial desenvolvemento dos obxectivos anteriores, podemos destacar os seguintes:

– Profesorado do Centro.

– Aulas dos cursos.

– Aula de informática.

– Aula de música.

– Aula de Plástica.

– Aula de Pedagoxía Terapéutica.

– Aula de Audición e Linguaxe.

– Aula de Convivencia e Orientación escolar

– Biblioteca.

– Salas de audiovisuais.

– Salón de actos.

– Aula de tecnoloxía.

– Pavillón polideportivo.

– Pistas deportivas de xogo

– Programas informáticos.

– Material bibliográfico.

– Material didáctico en soporte informático.

– Conexión Wi-fi en todo o Centro.

– PEC e PCC.

– Administración.

– CFR.–Ferrol.

– Aulas adaptadas ao Proxecto Abalar.

– Aula da Natureza – Horta Escolar.

– Aula da Ludoteca.

-Actividades complementarias

G)   Fanse necesarios tamén obxectivos que favorezan a convivencia no centro:

–  Respecto, tolerancia e participación

 É peza fundamental do noso Proxecto Educativo o respecto os dereitos de todas as persoas que participan na acción educativa; a tolerancia e a predisposición ante a diversidade e a non discriminación,  así como o respecto as normas de organización, convivencia e disciplina do centro.

–  Horarios, accesos e saídas

* A entrada e saída para todos os alumnos/as será polo patio, no portal situado na Avda. de Tarrío. O alumnado de infantil e primaria procedente do transporte escolar fará a entrada pola secretaría do centro acompañados polos profesores de garda.

* As portas de acceso ao recinto do Centro, agás a porta de secretaría, permanecerán sempre pechadas dende  as 9:15 ata as 13:45.

* As horas de entrada, saída e recreos serán notificados por sirena.  O alumno/a que     chegue despois da hora atopará as portas  pechadas. Deberá pasar por Secretaría, escribirá o seu nome, curso ao que pertence e a hora de chegada nun Libro de rexistro de entradas.

* A saída realizarase seguindo as mesmas normas que se observan á entrada. Cada profesor/a é responsable da saída do alumnado da súa aula.

* Os alumnos e alumnas que utilicen o transporte escolar non poderán esperar os autobuses fóra do recinto escolar. Tanto na entrada como nas saídas, só estarán fóra o tempo imprescindible para baixar ou subir ordenadamente aos autocares.

* Os alumnos/as non poderán saír do centro durante a xornada nin durante o recreo sen autorización dos seus pais ou da Xefatura de Estudos. Os alumnos que, por causas xustificadas necesiten saír a unha hora determinada deberán traer a solicitude asinada polos seus pais ou titores.

*  Non está permitido o acceso dos pais, nais ou acompañantes dos alumnos/as as aulas. Ningunha persoa allea ao centro terá acceso ás aulas e corredores durante o horario lectivo exceptuando os días declarados de “portas abertas”, con autorización previa do Equipo directivo.

* Calquera saída autorizada do centro en horario lectivo realizarase por secretaría.

–          Comunicacións

* Os carteis e avisos colocaranse nos taboleiros acondicionados a eses efectos. O uso dos taboleiros de anuncios do Centro deberá ser autorizado pola Xefatura de estudos.

*  Priorizarase cara as comunicacións familia-centro as entrevistas titoriais e os medios informáticos que os interesados dispoñan ao efecto.

     –       Limpeza

* Fomentarase a concienciación para un un centro limpo e ben conservado.

* Todos os membros da comunidade educativa preocuparanse de manter a limpeza e a orde nas dependencias do Centro.

*Os que ensucien ou tiren papeis ou outros obxectos ao chan nas aulas, corredores, patios ou vestiarios estarán obrigados a limpalo e recollelo inmediatamente. No caso de negativa por parte do infractor, tras valorar a situación,  o xefe de estudos imporá a sanción correspondente, que necesariamente incluirá a colaboración no mantemento e limpeza do Centro no xeito que se estime axeitado.

     –     Normativa de referencia  para as aulas

* Será obrigatorio o uso da axenda escolar para todos os alumnos dende 1º de Educación Primaria ata 2º da ESO. A axenda servirá como medio de comunicación entre titores e pais.

* O alumnado disporá dunha aula limpa e ordenada. É tarefa do grupo que a ocupa habitual ou ocasionalmente, procurar que esa orde se manteña ao final da clase. Cada profesor velará tanto a última hora da mañá ou da tarde para que iso se cumpra.

* Terase especial coidado coas pertenzas e os traballos individuais ou colectivos que se atopen na aula e no corredor.

* Cada titor/a de maneira xeral ou calquera profesor/a na súa sesión da clase, establecerá o lugar que debe ocupar cada alumno/a. O titor comunicará a cada profesor quen pode necesitar algunha localización en particular e as causas que así o aconsellan.

    –     Normativa para a utilización de teléfonos móbiles, aparatos de son e imaxe.

* Mentres o alumno(a) permaneza nas instalacións do centro, manterá os dispositivos de gravación de voz ou imaxe, mp3, mp4, netbook, portátiles, telefonía móbil e en xeral calquera aparato destinado a tal fin apagados.

* O alumno poderá levar PC portátil ou netbook sempre que o profesor o autorice e supervisada a súa utilización polo devandito docente.

*  Non está permitido a utilización de videoconsolas de xogo nas instalacións do centro; non está permitido que o alumno  as traia ao centro, así como ningún tipo de videoxogo. O tempo de ocio que o alumno dispón no centro utilizarao para relacionarse e convivir co resto dos seus compañeiros.

*  Está prohibida a gravación de calquera imaxe ou son no centro, a realización ou recepción de chamadas a través dun teléfono móbil.

* Os teléfonos móbiles, cámaras de fotos, aparatos reprodutores de música, etc, que se utilicen dentro do colexio e en horario lectivo, serán entregadas ao titor e devolto aos pais/nais ou titores/ás polo titor do curso en entrevista persoal. En caso de reiterarse a conduta, o aparato será requisado ata final de curso.

* O profesorado informará a todos os pais  e terá en conta  que atendendo a lexislación vixente, non está permitido fotografiar nin filmar o alumnado sen o consentimento dos seus pais/nais. Nos demais casos de fotos realizadas por familiares, o Centro, declina toda responsabilidade.

* Os pais/titores dos alumnos, serán os responsables da tenencia de dispositivos de comunicación, son, imaxe ou gravación dentro das instalacións do centro, facéndose responsables tamén do uso indebido destes dispositivos.