Dirección

Director Xeral

O noso director é o representante da Entidade Titular perante a  Administración  Educativa e outros estamentos. Entre as súas moitas  competencias destaca a súa preocupación por velar polo cumprimento do  Proxecto Educativo, os Proxectos Curriculares de Etapa; convoca e  preside as reunións do Equipo Directivo do Colexio e o Consello Escolar;  preocúpase do persoal do Centro.
Atende ás familias nos seus asuntos particulares e de carácter xeral.

Xefe de Estudos

É a persoa que ten a responsabilidade de facer posible a realización  do Proxecto Curricular. Ocúpase de todos os aspectos académicos  relacionados coa etapa educativa que ten asignada: distribución do  profesorado; confección de horarios; procurar a orde e a  disciplina;convocar e presidir os actos académicos e as reunións dos  órganos de coordinación: Xefes de Departamento ou Ciclo, Claustro de  Profesores, titores…
Atenden ás familias en temas relacionados cos estudos, avaliacións e  funcionamento docente..

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad