23 de Abril, Día do Libro

Estes días en BiblioTortu, estivemos a ler para celebrar o día do libro dun xeito diferente. Os maiores leron aos pequenos, nomeando así padriños e madriñas lectores.

O alumnado de Secundaria apadrinou ao alumnado de Educación Infantil, e o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, apadrinou ao alumnado de 1º, 2º e 3º.

Que mellor maneira de celebrar o Día do Libro que compartindo lecturas e coñecendo novos compañeiros e compañeiras, coas que compartir gustos e historias. Unha actividade moi satisfactoria tanto para madriñas e padriños lectores, como para os seus afillados e afilladas, que serviu para achegarse á biblioteca e bucear entre as estanterías en busca de contos e libros novos e tamén tradicionais, para ser lidos e escoitados con ilusión e cariño.

Actividade que non tardaremos en repetir para seguir coas aventuras comezadas ou comezar unhas novas.

Alumnado de 4º ESO con alumnado de 6º de Infantil

Galería de Fotos