Entroido 2015

Un ano máis festexamos e disfrutamos destas datas en homenaxe a Don Carnal. Aproveitamos o tema do proxecto de centro deste ano para disfrazarnos (dende os mais pequenos aos mais grandes) e disfrutar así da xornada festiva no centro. Velaquí tedes as fotos deste ano… Disfrutádeas!  

Ler máis

Comezo do curso escolar 2014-15

O vindeiro mércores 10 de setembro comezan as clases para as etapas de Infantil e Primaria. A hora de entrada para os alumnos e alumnas será as 09:00 horas da mañá, excepto para os nenos e nenas de 4º Educación Infantil (3 anos) que será adaptado segundo o acordado cos mestres e mestras. Os alumnos e alumnas de Educación Secundaria comezarán as clases o Luns […]

Ler máis

Entroido 2014!!!

Un ano máis celebramos a festa de Don Carnal. Debido as inclemencias metereolóxicas, este ano tivemos que quedar no cole non puidendo asistir á recepción no Concello. Pese a iso amosamos os nosos disfraces e disfrutamos destes días no cole rematando o entroido coa queima do meco. Voltaremos o ano que ven con novos disfraces e esperando que o tempo acompañe. Ver galería de imaxes

Ler máis

Charla de “Primeiros auxilios”

Hoxe, mércores ás 11:00 hrs. visitounos Carlos López, veciño de Fene e técnico sanitario do servizo do 061, cunha dilatada experiencia neste ámbito para relatarnos e ensinarnos contidos referidos ao tema de “Iniciación nos Primeiros auxilios” (unidade didáctica que estamos a desenvolver no sexto curso dende a área de Ed. Física). Sen dúbida as explicacións, as dúbidas resoltas, a cantidade e calidade das respontas ante […]

Ler máis

Próxima parada…Riazor!!!

O vindeiro domingo día 18 de novembro as nenas e nenos de sexto curso de E.P. e os profes do terceiro ciclo faremos unha saída ao Estadio de Riazor (A Coruña) para asisitir ao encontro de fútbol entre o R.C. Deportivo de La Coruña e o Levante U.D. Sairemos do cole ás 10:00 da mañá e regresaremos en torno ás 15:00 horas facendo o desprazamento […]

Ler máis

Divertíndonos nas Xornadas de xogos populares

Hoxe, xoves participamos nas xornadas de xogos populares organizada polo Excmo. Concello de Fene. Este ano compartimos a actividade cos compañeiros e compañeiras do C.E.I.P. “O Ramo” e do C.E.I.P. “Os Casais”, e pasamos unha mañá moi animada e divertida xogando coas cordas á comba e ao soga-tira, ao brilé, o pano, a chave, correndo cos sacos, aos tres pes… e o que é máis importante, xogando, compartindo e facendo […]

Ler máis

Derradeira sesión do “Cinensino”

O mércores, día 11 de maio, os nenos e nenas do terceiro ciclo de Primaria terán a posibilidade de asistir e disfrutar do derradeiro filme do programa “Cinensino”. Unha vez máis a proxección terá lugar na Casa da Cultura de Fene e nesta ocasión a película que se vai pasar é “Fantástico Sr. Fox (Fantastic Mr. Fox)”. Para ver máis información acerca do filme: http://www.innova.gl/gal/epo3.html http://www.filmaffinity.com/es/film604587.html

Ler máis

É o turno da piscina d@s nen@s de 1º e 6º!

Durante este último trimestre do curso escolar (meses de abril, maio e xuño) serán os alumnos e alumnas do 1º e o 6º curso os que tomen o relevo dos compis de 2º, 3º, 4º e 5º asistindo á piscina municipal de Centieiras e participando no programa de “Natación Escolar” do Excmo. Concello de Fene. Os horarios nos que participarán son os seguintes: Luns de 11:15 […]

Ler máis

Entroido 2011

Aquí podedes ver as fotografías que se fixeron durante a celebración do Entroido 2011. Os posados dos grupos dende Escola Infantil ata o 6º Curso de Educación Primaria. Polo noso Colexio pasaron desde Hippies, Bob Esponja, os personxes do Mundo Máxico do Contos e o Grande Mundo do Circo, con todos os seus personaxes. A verdade é que disfrutamos moito desta festa.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad