Entroido 2022

Por fin chegou o día que levabamos esperando toda a semana, hoxe os disfraces feitos polo alumnado, coa inestimable axuda do profesorado e familias, puideron lucir no desfile de Entroido do colexio.
Para intentar compensar a imposibilidade de que as familias acudisen como público, este ano fixemos unha retransmisión en directo, a través de Instagram foi posible seguir o transcurso deste evento.
Podemos ver o correspondente vídeo e tamén as fotografías “oficiais” máis abaixo. En breve colgaremos tamén nesta web as fotografías tomadas nas aulas, elaborado os disfraces ou gozando dos doces típicos destas datas.