Peluxa visita a farmacia

Peluxa, a mascota de 4 anos, gústalle moito aprender por iso hoxe marchou rumbo a farmacia para buscar respostas a todas as preguntas que fixeron @s peques na clase. Puxo a máscara e non dubidou nin un segundo en visitar ese lugar. Estes días no cole os nenos e nenas preguntábanlle;
- Que venden alí ademais dos medicamentos?
- Que hai que estudar para traballar na farmacia?
- Quen ou quenes levan os medicamentos?. onde se gardan?.
A continuación veredes a pequena viaxe de Peluxa á farmacia e a cantidade de cousas que aprendeu nesta visita. Esperamos que vos guste tanto como lles gustou @s vos@s peques.
Queremos agradecer á IC Farmacia por deixarnos coñecer de primeira man o seu establecemento. Isa, Paloma, Paula e Eva mil grazas por todo!.