Coñecendo ao Apalpador.

Esta semana o Apalpador enviounos unha carta de felicitación dende as montañas do Courel. Tivemos moita ansia por coñecelo pero, o Pandingueiro, ten moitisimas ocupacións neste momento do ano xa que, se está a preparar para comezar a apalapar os bandullos de tódolos nenos da comarca. Normalmente non se deixa ver máis alé das cembas de O Courel onde anda a agasallar aos nenos e nenas con fermosas megas de castañas pero, este Nadal quixo ter unha lembranza para os nenos e nenas da Mariña e persoalmente cos rapaces e rapazas do noso colexio. Non só nos enviou un retrato seu como agasallo e feito por el mesmo; senon que tamén nos enviou unha fermosa árbore de madeira para pendurar as postais de Nadal que fixemos ao longo desta semana para o concurso: BO NADAL, EN GALEGO!!

Deixámosvos unhas poquiñas imaxes do momento no que recibimos este presentes e cando os rapaces e rapazas de 5º e 6º cantaron a famosa Cantiga do Apalpador para amosalles ao resto dos nenos do cole os agasallos do noso grande amigo.