Festa de Despedida 6º E.P. Curso 2010-2011.

Outro ano máis, os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria rematan o seu paso por esta etapa; e como non, os mestres de 3º Ciclo e todos aqueles mestres que particiron na súa educación, organizamos unha Festa de Despedida para desexarlles o mellor na súa etapa en Educación Secundaria. O motivo desta festa e homenaxear aos alumnos e alumnas polo seu esforzo e traballo realizado ao longo deste e doutros cursos; e como non, tamén aos pais e nais; agradecer a vosa colaboración, participación e comprensión. Por iso, decirvos: ¡ Boa sorte ! e que aquí estamos para o que necesitedes. Grazas a todos.