Excursión a Madrid do 3º Ciclo de E.P.

Xa estamos de volta!

Os nenos, nenas e mestres do 3º Ciclo de Educación Primaria visitamos a Comunidade Autónoma de Madrid, alí coñecimos distintos lugares. De camiño poidemos coñecer o “Castillo de La Mota”, situado na cidade de Medina del Campo, foi o lugar onde xantamos o primeiro día de viaxe.

De alí, nos diriximos a cidade de Madrid, onde tiñamos concertada a visita ó Estadio Santiago Bernabeu, onde poidemos ver o terreo de xogo, o museo e a tenda do clube branco. Para logo aloxarnos nos Bungalows Alpha.

O segundo e terceiro día foron moito máis intensos, visitamos o Parque Warner, onde disfrutamos ao máximo das atraccións. Pola noite, nos achegamos ao centro de Madrid para coñecer a “noite madrileña”.

O último día, fixemos un percorrido panorámico en autobús pola cidade, onde poidemos ver aqueles lugares máis importantes da capital (Barrio del Rastro, Catedral de la Almudena, Plaza de España, Gran Vía, Plaza de Cibeles,Calle de Alcalá, Puerta de Alcalá, el Retiro,…) .

De camiño a casa fixemos parada en Astorga onde poidemos ver a catedral e o palacio de Gaudí.