Educación Secundaria (4º E.S.O.) visitan o Arsenal de Ferrol.

O día 23 de maio, nosos alumnos e alumnas de 4º de E.S.O., efectuaron unha saída que consistiu na visita ao Arsenal Militar de Ferrol.

Subiron a bordo da F-103 “Blas de Lezo”, pertencente á 31 escuadrilla, onde lles mostraron,entre outras moitas cousas, a ponte de mando, o sistema de combate e as distintas cubertas e instalación do buque.

Posteriormente levouse a cabo “O BAUTISMO DE MAR”, coa súa primeira singradura pola Ría de Ferrol a bordo dunha embarcación Y-112, pertencente ao tren naval do Arsenal. A Armada obsequiou aos nosos alumnos e alumnas cos diplomas acreditativos correspondentes.

Durante esta mesma mañá visitáronse distintas instalacións dentro do ARFER, que resultaron de sumo interese, para culminar a nosa saída no Museo Naval, onde podemos disfrutar dunha visita guiada que nos mostrou interesantísimas pezas que forman parte da nosa historia.

O noso agradecemento á Armada Española pola súa inestimable colaboración no éxito da nosa saída.