Excursión a “Marcelle Natureza” do 2º Ciclo de E.P.
O pasado mércores, día 4 de maio, os alumnos e alumnas do 2º Ciclo de Educación Primaria (3º e 4º) visitaron o parque natural “Marcelle Natureza”, situado en Outeiro de Rei. Nel disfrutaron dunha xornada en contacto coas distintas especies de animais salvaxes e autótonas. En breve podremos disfrutar dalgunhas das imaxes máis dos nenos e nenas, así como tamén dalgúns dos animais que alí poderon ver e coñecer.