Ludoteca

1.DESCRICIÓN DO PROXECTO

A Ludoteca do colexio Jorge Juan,ven sendo un servizo máis que ofrece o centro aos pais/nais e titores que por motivos laborais non poden gozar de tempo de lecer cos nenos/as.

A ludoteca está destinada a nenos/as matriculados no centro con idades comprendidas desde os 3 ata os 12 anos e o seu funcionamento será todo o curso escolar (excepto pontes, festivos e vacacións) en horario de tarde de 16 a 19 horas.

LUDO do latín “ludus” significa- xogo ou xoguete-, por outra banda TECA do grego significa -lugar onde se garda algo-, por tanto poderíamos definir ludoteca como o espazo onde se realiza algún tipo de actividade para nenos có fin de estimular o desenvolvemento físico e mental.

2.FUNDAMENTACIÓN

As actividades programadas para a ludoteca son variadas, dende manualidades, maquillaxes, xogos populares, gymkanas,….. nacen da necesidade de darlle un cambio á situación actual pola que atravesa o lecer infantil. Os nen@s de hoxe en día non lle dan importancia aos xogos ou xoguetes realizados por eles mesmos, é dicir, non utilizan a súa imaxinación á hora de levar a cabo unha actividade ou xogo. Os nenos entretéñense de forma individual (deixando ao carón o xogo grupal) con ordenadores, tablets e móbiles que son recursos de lecer pobres que non lle achegan estímulos ao neno para desenvolver as súas capacidades.

Grazas a este proxecto propónse unha alternativa ao lecer infantil actual.

3. FINALIDADE

A finalidade da ludoteca é dar solución ao tipo de lecer que ten actualmente a poboación infantil dunha maneira entretida, conciliadora có medio ambiente, divertida, creativa e o máis lúdica posible. Á súa vez tamén é unha alternativa para as familias, xa que hoxe en día o traballo ocupa unha gran parte do tempo e non se pode gozar as horas de xogo cós nenos/as polos horarios.

Con este proxecto queremos conseguir que os nenos/as aprendan e conciencíense de que por eles mesmos poden fabricarse os seus propios xoguetes e disfrutalos ao máximo ao mesmo tempo que axudamos ós pais con este servizo mentres eles traballan.

4.RECURSOS MATERIAIS

Para levar a cabo este servizo contamos cunha parte do comedor acondicionado para desenvolver as actividades propostas que está situado na planta baixa do centro escolar, tamén dispoñemos da biblioteca(para actividades concretas), salón de actos e patio exterior.

Materiais necesarios (materiais de reciclaxe, rotus, papel, pintura, pelotas, birlos, paracaídas ,cordas, cartóns, rolos WC, botellas,…) para levar a cabo a realización das actividades.

5.RECURSOS HUMANOS

Para a realización das actividades contaremos con 2 monitoras (1 por día) que velarán polo coidado dos nenos/as, cumprimento de normas e polo bo funcionamento do servizo.

6.OBXECTIVOS

Os obxectivos marcados para levar a cabo o servizo de ludoteca son os seguintes;

  • Solucionar o problema do xogo individual mediante outras alternativas de lecer.
  • Educar no tempo libre a través do desenvolvemento global polo xogo.
  • Estimular a capacidade creativa e a imaxinación, por medio de obxectos elaborados por eles mesmos.
  • Concienciar aos nenos/as da necesidade da reciclaxe de obxectos e produtos, para un correcto desenvolvemento do medio.
  • Ensinar e divertir a través dos xogos populares.
  • Potenciar a súa autonomía e capacidade de afirmación mediante o deseño de xoguetes.
  • Respectar o espazo e o material.
  • Desenvolver a capacidade de disfrute a través do xogo.
  • Crear compromiso coas actividades que se realicen durante todo o curso.
  • Realizar actividades para o desenvolvemento da capacidade física, e non só a intelectual.
  • Traballar a expresión plástica mediante a realización das diferentes actividades propostas.
  • Velar polo cumprimento das normas.
  • Alcanzar a cohesión grupal entre todos os participantes que asistan á ludoteca.

7. DESTINATARIOS

Os destinatarios da ludoteca son nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos matriculados no colexio Jorge Juan.

8. LOCALIZACIÓN

A ludoteca levará a cabo no colexio Jorge Juan na zona do comedor, situado na planta baixa do edificio, sendo posible tamén utilizar a biblioteca, salón de actos e patio exterior segundo as actividades que vaiamos realizar.

9. ORZAMENTO

O orzamento da ludoteca correrá a cargo dos bonos que adquiran os nenos para acceder ao servizo, haberá diferentes tipos de bonos;

  • Bono 10 horas —- 30 €
  • Bono 20 horas —- 50 €
  • Bono 30 horas —- 90 €
  • Hora solta ———- 3 €/hora

10. ACTIVIDADES

As actividades desenvolveranse por días e meses, cada día do mes haberá diferentes actividades a realizar para iso realizarase unha programación mensual adecuada ao mes e ao grupo de participantes no servizo.

As actividades serán moi diversas, por exemplo;

  • Xogos sensoriais
  • Xogos populares
  • Coiro
  • Pintura
  • Experimentos
  • Cociña
  • Cine
  • Psicomotricidade
  • Malabares
  • Xogos de pistas
  • Gymkanas
  • Maquillaxes
  • Globoflexia
  • Manualidades
  • Papiroflexia
  • Contacontos
  • …………

A continuación reflectiranse uns cronogramas mensuais das actividades a realizar, as actividades poden sufrir modificacións ao longo dos meses, segundo o que demanden os usuarios do servizo.

11. AVALIACIÓN

Para avaliar este proxecto levaremos a cabo unha avaliación inicial onde avaliaremos todo o referente á organización das actividades propostas.

Para comprobar se o cumprimento dos obxectivos marcados e a finalidade é o correcto, realizaremos unha avaliación continua durante todo o servizo de ludoteca.

Ao finalizar o servizo, no mes de Xuño, entregaráselles un cuestionario aos usuarios, que son os destinatarios directos do servizo, para que valoren todo o levado a cabo na ludoteca durante todo o curso.

Tamén se lles entregará un cuestionario aos pais para que valoren o funcionamento do servizo durante este curso.

Grazas a todo isto poderemos solventar os fallos que se produciron e mellorar todo o posible para ofrecer futuros servizos.

NORMAS LUDOTECA

  • Para nenos de 3 a 12 anos.
  • Uso exclusivo para nenos matriculados no centro, non se admiten nenos que non sexan do colexio.
  • Horario de 16 a 19 horas,de Luns a Venres.
  • Os bonos son persoais e intransferibles.
  • Rógase puntualidade tanto á hora de entrada como de saída.
  • Non se permite o acceso á ludoteca a pais, os nenos entréganse e recóllense na porta da ludoteca.
  • Se recolle ao neno unha persoa que non é a habitual avisarase previamente e achegarase unha fotocopia do DNI da persoa.
  • Se o neno asiste a algunha actividade extraescolar e antes ou despois da mesma fará servizo da ludoteca avisarase previamente.
  • Se o neno presenta malestar xeral, febre, tose,…etc. non poderá facer uso da ludoteca, así evitaremos posibles contagios..
  • Se se fai servizo de 3 horas de ludoteca é obrigatorio traer merenda.
  • Todo o material usado na ludoteca, recollerase e gardarase no seu lugar correspondente.
  • Respectar o xogo e as actividades dos demais compañeiros.
  • Non alborotar mentres realicemos algunha actividade.
  • Os nenos que pasen do comedor á ludoteca terán que abonar as cantidade de;

MENOS DE 1 HORA ————————2 €

1 HORA ————————————— 3 €

CRONOGRAMA CURSO 2019-2020

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad