Escola Infantil

 

A nosa escola infantil de 1-3 anos ven funcionando dende o ano 1998. Consta de dúas aulas, unha de 1-2 anos e outra de 2-3 anos.

A escola infantil é unha entidade prestadora de servizos sociais e polo tanto baixo a tutela de da Consellería de Benestar, que é quen marca os requisitos básicos que debe ter, dende prezos, horarios, calendario, espazos e equipamentos.

Consta de 5 profesoras perfectamente capacitadas e tituladas e un amplo horario que vai ininterrumpidamente dende as 8 as 19 horas.  Ofrece un servizo de comedor contratado á empresa Catering Ferrolterra SL. A cal ofrece menús adaptados ás necesidades de cada neno/a atendendo a súa idade e intolerancias ou alerxias. Aquí podedes ver os menús.

As nosas instalacións  contan con dúas aulas (unha por grupo), así como dunha enorme sala de usos múltiples (máis de 80 m2); dous patios exteriores, un cuberto e común ao resto do Centro e outro descuberto e exclusivo para os nenos da escola infantil.

 

O curso escolar comeza o 1 de setembro e remata o 31 de agosto. O período de solicitudes de praza comeza a principios de marzo e en abril faise a confirmación da matrícula.

Para calquera consulta ou dúbida non dudedes en solicitar á información necesaria acudindo á secretaría do centro ou ben facendo as consultas  no número 981 34 01 09  ou no correo electrónico:  cpr.jorge.juan@edu.xunta.es

A gardería dispón dun blog onde podedes observar as actividades que se realizan cos nenos e nenas. Blog:  Escola Infantil Jorge Juan.

Galería de Imaxes da Escola Infantil.

Un saudo.