Premede na seguinte ligazón para ver os materiais impresos para o vindeiro curso 2023/2024.
Premede na seguinte ligazón para ver os materiais impresos para o vindeiro curso 2023/2024.
O alumnado da ESO pode consultar as datas dos exames finais nesta ligazón.
Dende agora podes atopar no noso colexio unha gran variedade de mochilas e estoxos de alta calidade, perfectos para acompañar os teus estudos. Temos opcións funcionais e elegantes, deseñadas especialmente para cubrir as necesidades dos estudantes. Explora a nosa colección e atoparás o complemento perfecto para organizar os teus materiais escolares con estilo e comodidade. Mochilas Estoxos
Na Jorge Juan celebramos o Día das Letras Galegas en honra á nosa lingua e cultura, ao tratarse o 17 de maio dun día non lectivo, pasamos os actos de celebración ao día 19. Neste día, realizamos actividades para destacar a literatura galega e lembrar a figura de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado este ano. Decoramos o patio con alfombras florais que simbolizan o noso […]
No obradoiro de Videoxogos realizado durante as tardes dos mércores deste curso, o alumnado traballou na creación dun videoxogo que abrangía a Celebración do Día das Letras Galegas e o autor homenaxeado. Ademais de aprender máis sobre este tema, tamén se divertiron resolvendo as misións dos protagonistas nesta emocionante aventura. Resumo: Nun día normal na aula de Lingua Galega, algo raro acontece: A LINGUA GALEGA […]
Con motivo da celebración do Día do Libro dende a biblioteca organizáronse moitas actividades relacionadas coa lectura e os libros. Deixámosvos a ligazón ao blog da biblioteca para que poidades coñecer como se foron desenvolvendo. Artigo no blog da biblioteca sobre o Día do Libro Tamén deixamos os simpáticos vídeos coas recomendacións de lectura do noso alumnado. Vídeo coas recomendacións lectora
O alumnado de 3º de ESO realizou unha viaxe cultural á cidade de Mérida. Alí gozaron da cidade e visitaron os principais monumentos (Templo de Diana, Arco de Trajano, Teatro, Anfiteatro, Circo, Cripta de Sta. Eulalia, Morería, Alcazaba e Museo de Arte Romano) comprobando a influencia que a nosa cultura recibiu dos romanos. Podedes ver as imaxes da excursión nesta ligazón.
A Anpa continua con novas achegas para o cole. Nesta ocasión a inteción e facer gozar ao noso alumnado con: mini canasta de baloncesto, churros, redes de canasta, plumas de bádminton. E a xogar!!!