Quen somos

O colexio Jorge Juan forma persoas, preparándoas para desenvolver a súa vida no mundo actual.

O noso colexio atópase na avenida do Tarrío número 78 da parroquia de Perlío,  situado no concello de Fene (A Coruña).

Integración e pluralidade

Somos un centro de ensinanza concertada sostido con fondos públicos e  sen vinculacións relixiosas e políticas, centrado en fomentar a  integración e a pluralidade. O noso interese é concentrar os esforzos en  capacitar aos nenos e nenas para a vida, polo que é necesario atender a todos  os aspectos da súa persoa, e concienciar e potenciar ao alumnado no  desenvolvemento das súas capacidades.

Capacitar para a vida

Entendemos a educación como un medio para acadar o ben e o benestar,  tarefa que aceptamos e compartimos coa sociedade e coas familias.

Atención individual e comunicación coas familias

atención individual dos nosos mestres e titores enfócase no continuo seguimento da aprendizaxe do noso alumnado derivando nunha cercana  comunicación coas familias.

Escola Infantil, Educación Infantil, Primaria e Secundaria

Nos impartimos os cursos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, así como  todos os niveis de Educación Primaria e Educación Secundaria.

Asemade, podedes vir xa desde o primeiro ano e desfrutar da nosa Escola  Infantil de 1-2 e 2-3 anos e das nosas mestras da Escola Infantil.

Gozamos na actualidade dun alumnado mixto que ronda os 560 alumnos/as.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad