Información xeral

Normas de centro para Educación Infantil

  • As familias deberán respectar durante todo o curso o horario escolar de entrada e saída, co obxectivo de mellorar o funcionamento de todo o centro.
  • Non se permite a entrada nas aulas de familias e persoal alleo ao centro en horas lectivas, por motivos de seguridade.
  • En caso de enfermidade ou malestar, o neno ou nena non asistirá a clase, polo seu propio benestar e o dos demais compañeiros e compañeiras e membros da comunidade educativa.
  • Os mestres e mestras non administrarán ningún tipo de medicación ( Salvo en caso de risco vital por causas de alerxias).
  • As faltas deberán ser xustificadas.
  • Destacamos a importancia que ten que as familias acudan as reunións e titorías marcadas polas mestras, así como a ausencia dos nenos e nenas as mesmas.
  • A roupa e o calzado deberá facilitar os movementos e autonomía dos nenos e nenas. Ata que os nenos e nenas sexan capaces de atar os cordóns o calzado deberá ser SEN CORDÓNS.
  • É fundamental respectar os horarios de merendas marcados para fomentar a alimentación saudable.
  • A roupa e todo tipo de obxecto/material que os nenos e nenas leven a aula deberá vir marcada co seu nome.

Horarios de entrada e saída

  • 3 anos 8:55h a 13:45h
  • 4 anos 8:55h a 13:50h
  • 5 anos 9:00h a 13:50h

Merendas

  • LUNS: Lácteos
  • MARTES: Froita
  • MÉRCORES: Bocadillo
  • XOVES: Lácteos ou froita
  • VENRES: Libre ( na medida do posible saudable)