Información Escola Infantil.

Información Escola Infantil.

Informamos ás familias usuarias de que, xa que a actividade da escola infantil está suspendida desde o pasado 16 de marzo, non se lles cobrarán as vindeiras mensualidades ata o remate da actual situación de emerxencia sanitaria. Cando se reanude o servizo, compensaráselle tamén pola parte proporcional aos días do mes de marzo nos que a escola estivo sen actividade. Mais info aquí.

Ler máis

Quédate na casa.

Quédate na casa.

Estamos a pasar unha tempada un pouco difícil, pero só queda o último empuxón para poder estar xuntos. As nenas e nenos da clase de 4 anos preparamos un vídeo para animarvos a chegar á meta cun sorriso. Se nós podemos, ti podes! Ánimo! Vémonos á vólta!

Ler máis

Xuntos na distancia.

Xuntos na distancia.

Os nenos e nenas de 3º B de Educación Primaria queren compartir con todos vós, esta canción que foi elaborada polas familias durante este difícil momento que estamos a pasar. Transmitindo un desexo de volver a xuntarnos moi pronto. Agardamos que vos guste.

Ler máis

Axuda por fillas/os menores de 3 anos.

Axuda por fillas/os menores de 3 anos.

Comunicamos a convocatoria de axudas ás personas que teñan fillos/as menores de 3 anos. A prestación consistirá nun pago único por cada filla o flljo menor de tres anos. A cuantía será a seguinte: a) Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros. b) Cando sexa a segunda filla ou fillo : 1.200 euros. c) Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 […]

Ler máis

Recollida alimentos.

Dendeo o ANPA do colexio, comunícase que se recollerán productos de alimentacion e de hixiene para a Asociación Arraigo, na secretaria do centro, o día final será o 20 de decembro. Agradecemos a vosa colaboración.

Ler máis

Día da Discapacidade.

O día 3 de decembro celébrase o Día da Discapacidade, e os nenos e nenas de quinto de Educación Primaria, quixemos compartir e celebrar este día asistindo á inaguración da Exposición de “Pintamo-lo mundo” que realizaron os nosos amigos e amigas da Asociación Aspaneps. Alí no salón de plenos do Concello poidemos disfrutar da exposición e da compaña dos rapaces e rapazas da asociación cos […]

Ler máis

Programas Excursión Fin de Curso 5º e 6º Primaria.

Estimadas familias, deixámosvos os enlaces das propostas dos programas da viaxe de fin de curso, para que poidades botarlles un ollo e escoller entre as dúas opcións, os nenos e nenas levarán unha folla que teredes que cubrir coa opción que máis vos guste. A viaxe realizarase a última semana de curso. Viaxe a Madrid. Viaxe a Portugal.

Ler máis

Camiñata pola Costa Ártabra.

O pasado venres, día 11 de outubro, os alumnos e alumnas de quinto e sexto de Educación Primaria, realizaron unha ruta pola costa ártabra, dende Valdoviño ata o areal de Pantín, onde fixemos unha recollida de plásticos. Galería de Imaxes.

Ler máis

Novas ANPA Curso 2019-2020.

Dende o ANPA informamos que xa tedes actualizadas todas as actividades que organiza para este curso 2019-2020, así como os novos horarios que serán: Luns e venres de 9:00 a 10:00 e Martes, mércores e xoves de 16:00 a 17:00 Enlace ás actividades do 2019-2020. Enlace aos descontos por ser socio/a ANPA.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad