Programa de prestación por fillas/os menores de tres anos.

Informamos da orde que ten por obxecto concesión da axuda por fillas e fillos menores de tres anos.

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos. A contía será a seguinte:

a) Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.

b) Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.

c) Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

Pódense beneficiar desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nados entre o 1.1.2016 e o 31.12.2017, ambos os dous días incluídos, e que, durante o ano 2017, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.

Para máis info e presentación da solicitude picar aquí.

Día Internacional da Auga.

O día 22 de marzo, o noso centro, participará no visionado coordinado do filme “Before the Flood” “Antes que sea tarde”, coa intención de celebrar o Dia mundial da Agua e o Día Internacional dos Bosques.
Unha estupenda ocasión para reflexionar sobre o cambio climático e as accións concretas que podemos tomar para solucionalo.
Máis info sobre a actividade.

Faladoiro con Mulleres.

Nun día tan especial coma o 8 de marzo, foi un orgullo para nós recibir a visita dunha gran muller: María López Rubal, Directora de RRHH da empresa familiar Ortegal Oil. 
Falounos do seu traballo e explicounos o esforzo que require un posto tan importante coma o seu.
Moitísimas grazas!!

Galería de Imaxes.

Camiñata ata Coto do Rei.

Onte, xoves 14 de febreiro, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria, aproveitando o fermoso, día nos achegamos ata Coto do Rei. Onde nos bancos máis duros, disfrutamos da paisaxe e dunha recuperadora merenda despois da camiñata que ata alí nos levou. Foi unha das actividades que temos dentro do programa de hábitos saudables que estamos a traballar.

Galería de Imaxes.

Sen categorizar