Imos rematando o ano… CON MOITO TRABALLO !!

Imos rematando o ano… CON MOITO TRABALLO !!

Xa vos tiñamos avisados que este mes ía ser do mais atarefado. Non paramos de traballar !!!!!

Este mes dedicámolo enteiro ao nadal. Decoramos unha árbore con formas xeométricas, debuxamos con globos, fixemos unha zambomba, escribimos a carta a PapáNoel, quebracabezas de nadal, bailamos… INFINITAS COUSAS!


Pero o día de hoxe foi moi emocionante, desexábamos que chegase este día con todas as nosas forzas !!

HOXE TIVEMOS VIDEOCHAMADA EN DIRECTO CON PAPÁ NOEL.

Puidemos falar con el e pedirlle algún que outro regaliño. Como este ano Papá Noel tiña un pouquichiño complicado vir a vernos, decidiu poñerse en contacto coas profes da escola infantil para vernos a través da pantalla e grazas a “IlusionArte” conseguímolo.

Ademáis, recibimos un certificado de bo comportamento, firmado por el !!! INCRIBLE, VERDADE? NON NOLO PODIAMOS CREER.

E por último, queriamos dar as grazas a todos os pais e nais por participar, todo o diñeiro recadado para poder levar a cabo esta videochamada foi doado á INVESTIGACIÓN CONTRA O CANCRO INFANTIL.

ESTADE ATENTOS E ATENTAS, OS PRÓXIMOS DÍAS PASARÉMONOS POR AQUÍ CON MAIS SORPRESAS !!

Na seguinte ligazón podedes ver todas as nosas fotos.

https://drive.google.com/drive/folders/18omXh78a7ev1nLnd5UlQdxuHeKmhqPxA?usp=sharing