Día Internacional da Radio

O 13 de febreiro é o Día Internacional da Radio, por este motivo a Rede Espora, unha rede de radios escolares da que tamén forma parte a radio do noso colexio, ven de crear un podcast sobre a diversidade e a inclusión.

Foi unha creación en común de varios centros educativos entre os que se atopa o Colexio Jorge Juan.

ESPORA é unha plataforma escolar que pretende crear unha potente rede de Escolas Pola Radio, o proxecto de radio escolar recen iniciado polo noso colexio enmarcase dentro desta rede.

Se queredes escoitar o podcast podedes facelo premendo aquí.

Outro xeito de celebrar este día foi facendo un programa de radio titulado “A micrófono aberto” . Para saber máis sobre isto podedes visitar o blog da biblioteca: https://bibliotortu.blogspot.com/