Festa de Acollida.

O Venres 3 de Outubro os nen@s de Educación Infantil celebraremos a Festa de acollida. Faremos unha gran festa. Os nen@s de 4 e 5 anos bailarán para os seus compañeir@s e as mestras tamén bailarán coas novas mascotas. A continuación realizaremos xogos populares no patio e remataremos con pompas de xabón. Nen@s non faltedes. Pasarémolo moi ben.

Ler máis

Aviso de Cambio no Horario do Comezo Escolar por mor da Volta a España.

Estimados pais/nais/titores: Con motivo da coincidencia do paso da Volta Ciclista a España polo Concello de Fene e o comezo do curso escolar 2014-2015, comunicámosvos que ese día 10 de setembro, o horario de recollida do alumnado será ás 12:00 horas co procedemento habitual. O horario de transporte adaptaránse tamén a esta circunstancia.

Ler máis

Entrega de Notas Setembro ESO.

Informamos que a entrega de notas de ESO da convocatoria de setembro se realizará o luns 8 de setembro ás 11:30 h.

Ler máis

Comezo do curso escolar 2014-15

O vindeiro mércores 10 de setembro comezan as clases para as etapas de Infantil e Primaria. A hora de entrada para os alumnos e alumnas será as 09:00 horas da mañá, excepto para os nenos e nenas de 4º Educación Infantil (3 anos) que será adaptado segundo o acordado cos mestres e mestras. Os alumnos e alumnas de Educación Secundaria comezarán as clases o Luns […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad