Entroido 2014!!!

Un ano máis celebramos a festa de Don Carnal. Debido as inclemencias metereolóxicas, este ano tivemos que quedar no cole non puidendo asistir á recepción no Concello. Pese a iso amosamos os nosos disfraces e disfrutamos destes días no cole rematando o entroido coa queima do meco. Voltaremos o ano que ven con novos disfraces e esperando que o tempo acompañe. Ver galería de imaxes

Ler máis

Datas de Exames da 2ª Avaliación en ESO.

Xa tedes a vosa disposición o calendario de exames correspondentes a 2ª Avaliación para os rapaces e rapazas de Educación Secundaria. Enlace ao calendario de exames.

Ler máis

Alumn@s de 1º Ciclo de E.P. na “Casa do Mel”.

Os nenos e nenas de 1º ciclo de Educación Primaria do noso colexio, achegáronse o pasado 26 de febreiro ata a “Casa do Mel” situada en Goente. Alí poideron coñecer, máis de preto, o mundo das abellas e a apicultura; realizando distintas actividades así como tamén a degustación deste doce producto. Disfrutaron e aprenderon moito con esta saída. Galería de Imaxes.

Ler máis

Día da Muller Traballadora.

Outro ano máis, o Colexio Jorge Juan participou na celebración do “Día da Muller Traballadora”; colaborando co Concello de Fene, no matathon de lectura que todo os anos organiza para festexar esta data sinalada. En dito evento, participaron dende as nenas máis pequenas de Educación Infantil ata as rapazas de Educación Secundaria. Audio das lecturas. (para poder escoitalo precísase descargar primeiro o arquivo). Galeria de Imaxes.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad