Festival de Nadal en Educación Infantil.

Outro ano máis, as mestras xunto cos seus alumnos e alumnas de Educación Infantil, nos prepararon o xa tradicional Festival de Nadal, onde nos amosaron toda a creatividade que posuen os nosos pequenos e pequenas. Para poder ver máis, aquí tedes a Galería de Imaxes.

Ler máis

Concurso de Postais Navideñas.

Voltamos a estar de noraboa!!!.  Cinco dos nosos alumnos resultaron gañadores dos premios do “Concurso de Postais Navideñas” organizado polo Concello de Fene, a editorial Alfaguara e a librería “Contos”. Mañá, mércores 18 de decembro , realizarase a entrega de premios ás 17 h na Sala de Plenos do Concello. Felicidades aos gañadores. Máis información aquí.

Ler máis

Visita dos nenos e nenas de Educación Infantil a Correos.

 O Vindeiro Martes, 17 de Decembro os nenos e nenas de Educación Infantil faremos unha excursión ás instalacións da Oficina de Correos de Fene. O percorrido farémolo a pé, acompañados por membros de Protección Civil, polo que aconsellamos que os nenos veñan co calzado e vestimenta axeitada.

Ler máis

Anímate e Participa.

 Ola amigos e amigas: O meu nome é CPR.JJP78, aínda que me podes chamar C. Como xa saberás, este curso estamos a desenvolver no colexio un Proxecto Científico co fin de achegar aos pequenos, e non tan pequenos, ao mundo das ciencias dun xeito práctico e significativo. Pero, a nosa intención no só é que os rapaces coñezan máis polo miúdo o fascinante mundo da Bioloxía, da […]

Ler máis

Carta de Agradecemento.

 Un alumno de ESO, escribiu a seguinte carta de agradecemento para os nenos e nenas do colexio: “Hola chicos y chicas del cole, gracias por vuestra colaboración en la campaña de recogida de ropa para las personas sin recursos. Si todos colaboramos un poquito, podemos hacer un mundo mejor para todos. Por favor continuad colaborando en estas actividades ES MUY IMPORTANTE”.

Ler máis

Seguimos coa Solidadridade.

Ola familias! Pedimos a vosa colaboración para participar nun proxecto de soliedariedade, co que nós, todos os alumnos e alumnas, estamos totalmente comprometidos. A nosa intención é axudar principalmente á Fundación GLORR, que colabora con Global Humanitaria O.N.G. que leva a cabo proxectos de desenvolvemento á cooperación, en varios países do mundo onde os nenos e nenas carecen de educación, sanidade e demais dereitos fundamentais. […]

Ler máis

Teatro “Ti e máis eu”.

O pasado venres, día 29 de novembro, os nenos e nenas de 1º e 2º ciclo de Educación Primaria, tivemos a visita do grupo de teatro “Ti e máis eu” que nos representou unha das súas obras; “Nun recuncho do bosque”. Con esta representación de títeres nos quixeron explicar a importancia e as consecuencias que poden ter o non coidar o medio ambiente, tanto para […]

Ler máis

Exposición Biodiversidade.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad