Folga do Ensino.

Estimados pais, nais e titores; dende a Dirección do Centro queremos informarvos que o vindeiro xoves 24 de Outubro con motivo da Folga do Ensino, o Cpr Jorge Juan de Perlío, respectando o dereito de participación dos seus traballadores, garantizará un réxime de servizos mínimos de funcionamento segundo o establecido na Orde do 17 de Outubro do 2013.

Ler máis

Exposición Fotográfica do Outono.

Estamos a organizar unha Exposición Fotográfica dentro das actividades de divulgación científica que promoverá o Colexio durante este curso 2013-14. As bases para participar no concurso xa se entregaron aos rapaces e rapazas do centro. Recordade que cada ciclo terá unha temática propia. O prazo final de presentación das fotografías será o 15 de novembro. Para máis información, non dudedes en poñervos en contacto cos […]

Ler máis

Saída polo entorno do 2º Ciclo de Educación Primaria.

O outono trae moitos cambios á nosa paisaxe. O luns, 28 de outubro, os nenos e nenas de 2º Ciclo de Educación Primaria,  faremos unha saída polo entorno, para poder observar estes cambios e recoller mostras da experiencia. ¡Lembrade traer roupa e calzado axeitado!

Ler máis

Festa de Outono en Educación Infantil.

O Venres 18 de Outubro, os nenos e nenas de Educación Infantil celebramos a Festa do Outono. Este día, o profesor Juanjo deunos una charla sobre as setas, e despois, observamos, manipulamos e experimentamos con tódolos froitos do outono que recollimos e trouxemos ao cole ao longo de toda a semán. Galería de Imaxes.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad