O “Bookcrossing” chega ao Jorge Juan.

Co motivo da celebración do Día de Rosalía, dende o concello de Fene liberan libros en “bookcrossing”,  que a partir desta semana poderedes atopar no noso cole. A idea é “liberar” libros para que sexan atopados por outras persoas, convertendo o mundo enteiro nunha biblioteca, neste caso o noso colexio. Queremos promover esta iniciativa liberando tamén algúns libros da nosa biblioteca, que poderes atopar nos […]

Ler máis

Datas de Exame da 2ª Avaliación de ESO.

 Aquí tedes o calendario de exames da segunda avaliación para os rapaces e rapazas de ESO.

Ler máis

Xornada de Portas Abertas para pais e nais de novos alumn@s.

 O venres 22 de Febreiro ás 17:45h. os pais e nais  de novos alumnos e alumnas do vindeiro curso escolar, poderán achegarse ao centro para recibir información do noso prexecto educativo, coñecer as nosas instalacións en solventar todas as dúbidas. Rogamos cofirmen a súa asistencia por teléfono ou na secretaría do centro. A asistencia e solo para adultos. Cartel   Folleto

Ler máis

Celebración do Entroido.

O pasado venres, día 8 de Febreiro, os nenos e nenas de Gardería, Educación Infantil e Primaria celebramos a festividade do Entroido; ao longo da mañá realizamos diversas actividades, todas elas moi divertidas: preparamos os nosos disfrazes, realizamos un posado, desfile, merenda con postres do entroido, baile e por último nos despedimos da meca que nos acompañou ao longo destas festas. Agora poderedes ver o guapos […]

Ler máis

Comeza o Entroido.

Outro ano máis chegou o Entroido, e como non podía ser doutro xeito, nos vista o noso Meco, aínda que este ano, trátase dunha fermosa Meca, que nos irá deixando unhas normas para participar nesta semana de entroido; as primeras foron:   Non teñas un traspés, pon o xoves a roupa do revés

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad