O noso Cole co Atletismo Divertido.

Os nenos e nenas de educación primaria do Colexio Jorge Juan  participaron, o pasado 30 de Marzo, nas Xornadas de Atletismo divertido, organizadas polo Concello de Fene e que se desenvolveron, como novidade este ano, no Campo de fútbol municipal dos Pinares (Perlio).

Ler máis

Saída do 3º Ciclo de E.P. a Marraxón.

Os rapaces e rapazas do 3º Ciclo de Educación Primaria, fixemos o pasado  21 de Marzo, unha marcha de sendeirismo ata o Coto do Rei (Marraxón), relacionada co Proxecto Voz Natura e coa celebración da chegada da Primavera.

Ler máis

Datas exames 2ª Avaliación ESO.

Xa podedes ver as datas de exames de Educación Secundaria Obrigatoria, correspondentes á segunda avaliación. Pincha aquí.

Ler máis

Día Internacional da Muller Traballadora.

Outro ano máis o Concello de Fene dende a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, organizou o marathón de lectura na Biblioteca Municipal; e como non podía ser menos, o noso Colexio, tamén participou cunha ampla representación de nenos e nenas de diferentes idades e niveis educativos.          

Ler máis

Saída do 1º Ciclo de Educación Primaria.

Os nenos e nenas de 1º Ciclo de Educación Primaria, realizarán este próximo venres, 9 de marzo, unha visita ao Parque Etnográfico da Capela, onde poderán coñecer e achegarse ao patrimonio cultural galego. A saída será ás 10:00h para chegar sobre ás 13:30 h.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad