Aberto prazo matrícula Colexio Jorge Juan.

Informamos que o prazo de matrícula para o curso escolar 2012-2013 estará aberto desde o 1 de marzo ata o 10 de abril. Todas as persoas interesadas poden informarse na secretaría do centro ou a través do correo electrónico do colexio. Así mesmo podedes descargar os impresos de matrícula e documentación nos seguintes enlaces: Impresos de matrícula.      Documentación necesaria. Baremos de admisión.  

Ler máis

Aberto prazo de matrícula Escola Infantil (1-3 anos).

Informamos que o prazo de matrícula para a Escola Infantil Colexio Jorge Juan, comezará o día 1 de marzo e rematará o 23 de Marzo. Para descargar os impresos e a documentación que se precisa, premer nos seguintes enlaces: Impresos de matrícula. Documentación necesaria. Para calquera dúbida ou consulta poñerse en contacto co teléfono do centro, correo electrónico ou na secretaria do mesmo.

Ler máis

Rematou o Entroido.

O Entroido 2012. Bueno, pois o Entroido deste ano xa rematou, foi unha xornada moi divertida e moi intensa. Ao longo da mañá, os nenos e nenas de todo o Colexio Jorge Juan, realizamos un montonazo de actividades. Primeiro fotos, a continuación desfile, logo merenda, baile e por último, despedímonos do noso Meco. Que ben o pasamos!

Ler máis

Prestación por fillos e fillas menores de 3 anos.

Informamos  da publicación no DOG da orde pola que se establecen as bases para a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para este 2012.   Poderán beneficiarse desta prestación aquelas persoas con fillos/as nacidos entre o 2 de xaneiro de 2009 e o 1 de xaneiro de 2012 e que, por razón dos ingresos obtidos durante o […]

Ler máis

Chegou o Entroido.

Xa temos o noso Meco que nos tratará de tolear durante uns días. E o seus mandados son: O LUNS CUNHA GARABATA. O MARTES POÑEMOS A BATA. O MÉRCORES A GORRA.   É XOVES  UN MANDIL.

Ler máis

Día Internacional de Internet Seguro.

Mañá, martes 7 de Febreiro, celébrase o “Día Internacional de Internet Seguro”, o motivo desta celebración é a de sensibilizar aos usuarios deste medio dos perigos e a necesidade de controlar as actividades  se realizan neste mundo virtual. Para saber un pouco máis, temos este comunicado de prensa.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad